Mensaje
por Vinnie Jones » Domingo 21 de Enero de 2018, 19:03
Beto, a cuestión non é que cante, que canta e bastante. A cuestión é que os seus erros se contan por goles, pero moitas veces os seus erros veñen precedidos doutros erros que provocan a ocasión. Sempre recae a culpa sobre o porteiro, que é do máis frouxo do equipo e o seguirá sendo, e que tamén pode ser o máximo responsable en determinadas ocasións... pero cando a cantada procede dun erro individual doutro xogador, realmente podemos seguir culpando en exclusiva á portería dos nosos males?
Entendo que sexa unha postura cómoda cando habitualmente se defende que o equipo está moi ben artellado e que só a mala sorte, os árbitros e a portería (que son as escusas habituais dos tres últimos anos respectivamente) impiden que non sexamos unha miseria de club. Pero igual hai máis factores, do mesmo xeito que un porteiro mediocre non axuda á que a defensa estea menos intranquila, os dous congrios que temos nos laterais non axudan a que o porteiro estea máis tranquilo respecto aos seus compañeiros, nin tampouco que os dous centrais que tempos perdan a marca habitualmente ou non sepan tirar a liña, nin que os mediocentros non sepan evitar perdas de balón no noso campo, etc.
O que quero dicir é que o porteiro, sendo a posición con máis necesidade de reforzos dende o 2015, remata por ser a cabeza de turco de todos os nosos males.