por roped » Martes 24 de Mayo de 2016, 13:38
Falo do momento actual.
Desde 1936 governaron os fachas proespañois en GZ, so co bipartito se acadou que a selección xogara, isto non significa que non existise unha reclamación pública por parte de un segmento minoritario da cidadanía, desde os anos 90 existe un movemento proselección galega, con actos reinvindicativos de todo tipo, de feito coa chegada do PP de novo a Xunta e a desaparición da selección, esta mesma cidadanía organizou partidos da selección galega con non profesionais, descoñezo se iso pasa en Valencia.
Estamos a anos luz de Cat e Euskadi en todo, nisto tamén, iso é indiscutible, pero estou seguro que tras estas dúas somos a selección autonómica con máis seguimento popular, e isto é debido a que moitos galegos vémola como a nosa selección nacional,sentimento que deseguro é compartido con persoas de outros territorios e as súas respectivas seleccións, por exemplo o caso dos arquipélagos canario e balear, pero nós somos máis .
No GZ - Irán éramos poucos, pero éramos máis de 8000.
O partido do outro día é unha excepción porque é o primeiro que se fixo baixo mandato do PP, algo que so é entendible desde un punto de vista electoralista e o seu afán por diferenciarse de Cs.