Realmente, é un tema do navegador. O caso é que eu, normalmente, emprego Firefox e o meu sistema operativo non me permite instalar unha versión máis recente. En Chromium funciona sen problema pero é un pouco "rallante" andar a cabalo dos dous navegadores só para ler os comentarios.
O problema é que no Javascript do sistema de comentarios se está a empregar a variable "window.location.origin" e esta variable non está definida nas versións antigas dos navegadores (https://developer.mozilla.org/es/docs/W ... avegadores). Úsase, unicamente, na función "actualizar()":
Código: Seleccionar todo
<script>
window.pagina = 0;
function actualizar(){
[...]
$.ajax({
data: parametros,
url: window.location.origin+"/cargarcomentario.php",
type: "post",
success: function (response) {
$(document).find("#cargarmas").show();
[...]
Código: Seleccionar todo
if(!window.location.origin) {
window.location.origin = window.location.protocol + "//"
+ window.location.hostname
+ (window.location.port ? ':' + window.location.port : '');
}
Non sei se vos daría moito traballo incluír esta compatibilidade. No meu caso, só teño que activar o Greasemonkey para que funcione pero outra persoa, se cadra, directamente queda sen poder ler os comentarios e, sendo a solución tan sinxela, pois éche unha pena porque penso que acertastes de pleno coa xestión por AJAX.