Mercado Ecolóxico pola defensa da Terra en Quilmas.
Formidable iniciativa que se vai desenvolver o vindeiro sábado 16 de xullo nesta fermosa localidade carnotá ameazada pola ampliación da piscifactoría.
Os organizadores están a preparar diversas actividades simultáneas, pero a principal é unha mostra de produtos agrícolas, artesanía local, música e gastronomía... todo pola defensa da terra e de quen a traballa, a coida, a disfruta e a protexe, pois a iniciativa e o propio colectivo deben a súa existencia á honrosa causa da loita que se está a levar a cabo pola xente de Quilmas e doutros lugares en contra das ampliacións e novas plantas piscícolas.
Estades convidades a asistir a este mercado que terá un marcado ambiente festivo e que servirá ademais para que tod@s disfrutedes do lugar, do seu patrimonio (cabaceiras, muíños, praias, agras e o propio Monte Pindo) e das xentes e a realidade diaria.
RELACIÓN DOS EXPOSITORES
Alimentación
* Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Raíña Lupa - Horta Ecolóxica, fariñas, patacas, conservas, mel e pan.
* Cooperativa Senra - A Estrada - Horta ecolóxica e mel.
* Finca da Cora - A Estrada - Horta ecolóxica, pasteis, galletas, conservas...
* Dolores - Teo - Horta ecolóxica e rosquillas
* Xulio e Belén - Cambre - Pan e repostería ecolóxicas
* Equisol - Santiago - Comercio Xusto
* Menduíña - Cangas - Cervexa artesá
* Chus - Ulloa - Queixos
* Pulpeira Ánxe - O Carballiño - polbo
Apicultura
* Comunidade de Montes de Caldebarcos e San Cibrán - Carnota - Mel
* Santi e Carmen - Louro - Mel
Artesanía
* Charamusca- Artesanía en cartón pedra- Carnota
* Nacho Porto- Cerámica- Carnota
* Bolatola- Xabróns e cremas artesás- Carnota
* Cesteiro de Rois- de xestas, carqueixa, etc...- Rois
* Cesteiro de Portosón- Bimbio e ferramentas- Portosón
* Charo- Cerámica- Carnota
* Tani- Coiro- A Ulloa
* Susana- Cerámica- O Courel
* Cristina- Cremas, xabróns con ingredientes naturais- O Courel
Postos informativos
* Cooperativa de Consumo Responsable Zocamiñoca (A Coruña)
* Asociación Monte Pindo Parque Natural (Carnota)
* ADEGA (Galicia)
* Sindicato Labrego Galego (Galicia)