Está claro que existe unha reciclaxe do capitalismo, nunca mellor dito, que pretende facer negocio de unha presunta mellora das condicións ambientais, ata ten nome e todo, chámase Green New Deal, e é causa de grandes controversias no seo do ecoloxismo, por un lado está a xente que cree que con tecnoloxía e mellor concienciación poderase reducir o problema ambiental ao mesmo tempo que mantemos o noso estilo de vida, e por outro estamos os decrecentistas, que vemos a cousa un pouquiño máis complicada.
Unha cuarta parte de CO2 é producida pola industria agrogandeira, as vacas, pero tamén os cultivos de soia. O problema non é tanto comer ou non comer carne, máis ben o problema é a escala industrial do sistema produtivo agricola gandeiro e a súa deslocalización e dispersión, non é lóxico , nin económico, comer laranxas en agosto procedentes de sudafrica, deberíamos sustentarnos co producido en un radio de 100 kms, deste xeito non se produciría tanto CO2 na agricultura.
O certo é que a inmensa maioría do CO2 é producido no Estado Español por apenas 10 empresas.
https://www.diagonalperiodico.net/globa ... minan.html
Empresas que dan servizos enerxéticos a cidadanía, que está moi ben botarlle a culpa o gran capital, mentres se enche o depósito do seu suv e lle da o aire acondicionado porque fai moita calor, pero non deixa de ser unha incoherencia.
Os coches, e dotar de enerxía as casas e industrias é o que produce o CO2, e o certo é que España para o nivel de desenvolvemento que temos producimos demasiado, e hai que reducilo, e tócanos a todos arrimar o ombro.
Certo é que hai que meterlle man os avións, as eternas vacacións fiscais deste sector é indecente, e o mesmo pasa cos barcos, para empezar os puto cruceritos que me inzan de poligoneiros guiris a cidade, pero os coches privados non se poden ir de rositas, e xa non so porque contamina moito, senón porque non hai diesel para darlles de beber, se pretendemos que os tractores que nos proporcionan os alimentos anden, hai que sacrificar os coches, non hai para todos.
Os governos deberían dicir a verdade e deseñar unha economía de guerra, con cartiñas de racionamento enerxético , sería o lóxico e o máis racional, pero iso deixaría as claras que o sistema económico produtivo actual chega ao seu fin, e crearíase un pánico que remataría en inestabilidade, poríase en perigo a orde social actual e iso non interesa, prefiren seguir facendo o paripé, sen tomar medidas contundentes, deste xeito non se soluciona o problema , máis ben aprazase facéndose cada vez máis grande e dificil a súa solución.
O caso é que eu penso que a xente tense que ir dando conta que iso de que cada un teña un coche vaise rematar, é insostible, e canto antes nos entre na moleira mellor.