por roped » Viernes 01 de Septiembre de 2017, 12:00
O hostión enerxético xa chegou, sucede que en occidente os efectos aínda non son traumáticos.
O "sur" está moi fodido, atraso técnico, económico, e superpoboación, pero a longo prazo o "sur" adiantará economicamente ao "norte", o "sur" ten unha maior fluxo enerxético , de aí que tódalas grandes civilizacións antigas naceron en zonas tropicais, ou cando menos subtropicais, o "norte" para desenvolverse tivo que gastar o stock enerxético de todo o planeta, o esgotarse ese stock témolo moi chungo, toca sacarllo aos outros, é a fase na que estamos, pero iso non é sostible a longo prazo, logo que pasará?, pois nin idea, pero o máis doado é un colapso a cámara lenta do sistema, de feito creo que desde o 2008 estamos vivindo esa transición cara unha era máis pobre, pero esa transición non é a ritmo constante, vai a arreóns, no momento que conflúa unha mala colleita por cuestións climáticas e un encarecemento da enerxía, o que desenboca nunha suba do prezo da comida as hostias no terceiro mundo aumentan expoñencialmente, as revolucións fanse sempre co estómago baleiro, os eslabóns máis febles do primeiro mundo tamén o notaran, por exemplo España é moi dependente de Arxelia, un país a súa vez moi dependente da importación de comida, se Arxelia estala, e falta pouco para iso pase , España terá problemas de suministro enerxético, por iso eu fai tempo apostei a que España interviría militarmente a medio prazo en arxelia, e sigoo dicindo, isto non sairá gratis, custará moitos euros, pero tamén protestas internas en España, que terán que ser reprendidas, así que teremos un Estado cada vez con máis gastos militares, con problemas de suministro de enerxía, con protestas reprmidas mediante unha maior inversión en policía, un caldo de cultivo fantástico para o auxe do neofascismo que veremos ata onde chega. A cousa pinta mal, tanto no "sur" como no "norte".