Fútbol Gaélico
Publicado: Jueves 10 de Julio de 2014, 0:01
¿QUE É O FÚTBOL GAÉLICO?
O fútbol gaélico (en irlandés peil) é unha variante de fútbol xogada principalmente en Irlanda. É, xunto co hurling, un dos dous deportes con máis espectadores en Irlanda e o deporte nacional dese país. O fútbol xógase por equipos de quince persoas (en Europa Continental os equipos están formados por once xogadores) nun campo rectangular con postes en forma de H en cada un dos dous extremos. O obxectivo principal é marcar pateando ou golpeando a bola coa man e conseguir que atravese a portería. O equipo que máis puntos teña ó final do partido gaña (os goles valen tres puntos e os tantos a paus, un). Os xogadores manexan o balón polo terreo de xogo cunha combinación de portar, facendo un só (soltando o balón e, sen deixalo caer, darlle co pé de novo de volta cara as mans), pateando e pasando coa man (sempre golpeando, nunca arrastrando) ós seus compañeiros.
As estatísticas amosan que este deporte foi gañando máis espectadores que calquera outro en Irlanda; os datos do ESRI indican que supón o 34% das audiencias deportivas en Irlanda, co rival máis próximo, o hurling, chegando a un 23%.
O fútbol é un dos catro deportes gaélicos organizados pola Asociación Atlética Gaélica, a organización deportiva máis grande de Irlanda, con máis de 800.000 membros. Hai unha regra estricta sobre o non profesionalismo e o cumio deste deporte é a final do All Ireland, o campionato inter-bisbarras. Crese que o xogo descende do antigo fútbol irlandés coñecido como caid, da época medieval, malia que as regras modernas non se estableceron ata 1886.
O fútbol gaélico tamén se xoga en países fóra de Irlanda, non só por membros da diáspora irlandesa. Está medrando en popularidade internacionalmente. Os equipos de Londres e Nova Iorque compiten cada ano no campionato de fútbol All Ireland, o nivel máis alto deste deporte. Un xogo híbrido, o fútbol de regras internacionais, permite partidos internacionais como as Series de Regras Internacionais entre Australia e Irlanda.
En Galicia, A Coruña Fillos de Breogán foi o equipo pioneiro (fundouse en 2010). O club medrou de tal xeito que agora conta con equipo feminino (A Coruña Fillas de Breogán) e equipo filial (Ártabros de Oleiros). Compite no Campionato Ibérico xunto co resto de equipos da Península.