Nome: Walter Gerardo Pandiani Urquiza
Apodo: El Rifle
Data de Nacemento: 27 de abril de 1976 (34 anos)
Montevideo, Uruguay
Nacionalidade: Uruguaya e italiana
Clube actual: Osasuna
Posición: Dianteiro
Estatura: 1,84 metros
Partidos internacionais: 4
Ano do debut: 1997
Clube do debut: Basañez
Palmarés:
- * 1999: Liga de Uruguai, co CA Peñarol
* 2000 e 2002: Supercopa de España, co RC Deportivo da Coruña
* 2002: Copa do Rei, co RC Deportivo da Coruña
* 2003: Copa do Rei, co RCD Mallorca
* 2006: Copa do Rei, co RCD Espanyol
* 2007: Goleador da Copa da UEFA: 11 goles en 14 encontros, co RCD Espanyol
Comezou xogando no seu país, no CA Basañez e CA Peñarol entre 1994 e 2000, para despois dar o salto a Europa fichando polo Deportivo da Coruña durante 2 temporadas, cun ano cedido no Real Mallorca, co cal gañaría a Copa do Rei.
A temporada seguinte volveu ao Deportivo, aínda que, debido ás diferenzas co clube e co seu adestrador, Javier Irureta, foise a Inglaterra a xogar cedido no Birmingham City na temporada 2005-2006. Tras un grande debut no seu primeiro partido, o clube ofreceulle contratalo o seguinte verán, pero ao non manter o seu bo rendemento volveu a España, esta vez fichando polo RCD Espanyol, co que gañaría unha Copa do Rei e lograría un subcampionato na Copa da UEFA, edición na que logrou ser o máximo goleador.
En xullo de 2007 fichou polo CA Osasuna por 3 temporadas, a onde chegou para completar a dianteira rojilla e aportar calidade e experiencia ao equipo.