Home, eu antes de apuntarme nada intentaría contar o custo das cesións, ter tamén en conta que os xogadores que veñen libres adoitan supor un gasto maior en fichas (así como tamén en comisións), os precios que poñedes (se non me equivoco Naranjo foron 700k, por exemplo) ou os contextos das incorporacións (Aspas chega por 5,3 kilos, pero un par de anos antes vendérano por 9-10 kilos, un argumento moi utilizado para defender o noso gasto na cesión de Lucas, por exemplo).Tamén estaría ben comparar o gasto en función do límite salarial e da posición en liga, hai moitos máis datos en xogo que poñer catro cifras anuais. Ou ter en conta as ventas, porque igual nalgúns anos gastaron máis porque souberon vender, ao igual que nós este ano gastariamos aínda máis en dianteiros se aceptásemos a oferta de Andone. Outro tema que tamén ten bastante tela é que se considera traspaso ou éxito. Agora Emre Mor é un fracaso estrepitoso, pero é un neno e pode que o ano que ven despegue e xa non o pareza. O ano pasado, os 6 kilos de Pione tamén serían un pufazo, este ano igual xa calou moitas bocas.
Pero bueno, se preferides apuntarvos o tanto non serei eu quen discuta, xa tedes práctica
Unha comparativa moito máis razoable podería ser comparar os acertos e erros dos primeiros anos nos que Celta e Depor puideron comezar a gastar, quizais a tempada 14/15 ou 15/16 do Celta pódense comparar coa 16/17 do Depor, por exemplo, ou se pretendemos comparar a valía das incorporacións podemos analizalas vendo cantas foron positivas e cantas non por exemplo. Hai moitas maneiras e moitos datos a ter en conta, pero o dito, vós apuntádevos o que queirades, faltaría máis
