Carrabouxo escribió:Fisterrán escribió:E esa xente axuda algo cando se benefician de todo o que xenera o Deportivo? Son socios? Accionistas? Participaron na ampliación de capital? Son "amigos Depor"?
E logo o Depor paga a reforma? Porque creo que son os veciños, entre os que se atopan os bares
Pero que máis dá quen pague a reforma e de quen sexa propiedade o estadio? Eses bares non viven do estadio, viven do Deportivo, e o que máis lles interesa é que o equipo sexa de 1ª, igual os 4000 de Gijón viñan a ver a nova cuberta. Cando ganan non din nada, e cando perden quéixanse de todo.
«Estaremos vacíos», vaticina Lema. «Va a ser un día corriente, sin más», reprocha Raúl Rocha, del bar Stollen, en la misma calle.
Se están vacíos un domingo, en Manuel Murguía, habendo partido, é problema seu. Como estarán o resto de bares da cidade (que non se benefician nin a cuarta parte do fútbol que eles)?
«Enviamos una carta al Ayuntamiento por si podía mediar para que el partido de ida se jugase en Gijón y el de vuelta en Riazor»
Cámbiase o calendario e xa está, Xulio Ferreiro mete man na LFP se fai falta. Se o Deportivo ten que empezar con 4 ou 5 partidos seguidos fóra dá igual, o que importa son os bares.
Se eu son un abonado que a partir de decembro non podo ir a Riazor pola razón que sexa e estes van e quitan un dos mellores partidos teño que joderme eu, o que importa son os bares.
Se tiña pensado ir a Gijón na data que saiu no sorteo e cambian o partido, igual.
«El gobierno local tiene el poder de decir que el estadio no está en condiciones»
Esta é a mellor, que o goberno local peche o estadio e faga un informe falso. E que se xogue o partido entre semana despois da xornada 30. Seguro que o Sporting non pon impedimentos. Ah, e o Deportivo que se joda, o que importa é a Mareona.
Ademais creo que o club debería propoñer un estadio alternativo, o do ano pasado foi dun día para outro por culpa dun temporal.
Es el resultado de sumar el gasto que generamos cada uno de nosotros en hoteles, restaurantes y bares en un fin de semana. Unos 250 euros cabeza
Non creo que sexa tanto, para empezar porque non todos os gastos son en Coruña. E ademais hai que sumar os gastos de desprazamento e as entradas. Canto gasta cada sportinguista por un partido? 300 €? 400 €?
Os que fan o gasto gordo son os de aquí.