Your browser does not support CSS. If images appear below, please disregard them.

Jozabed

Comenta sobre jugadores que crees que el Deportivo podría fichar. Además, podrás hacer el seguimiento a los jugadores cedidos del club.

Re: Jozabed

Notapor prey » Domingo 27 de Marzo de 2016, 16:23

Home, se querés comparamos, ala ti. Un e mediapunta e o outro mediocentro. Importa ben pouco onde xogaran, o que realmente importa e onde o fan ben. E coma dicir que Luisinho e interior cando o fan ben de lateral de sempre.

Por certo, eu quedome co segundo sempre, pero si houbera que cambiar home por home, entendo que sería Fajr por Jozabez, nun trivote, algo que non adoita usar Paco.

O que e un bo zasca e falar de Jozabed que e monto mais rápido e mellor que Borges tirando de números dun mediapunta, que cando xoga de mediocentro e unha calamidade. Pero bueno, era unha broma.
prey

· alineator ·

Avatar de Usuario
 
Mensajes: 10997
Registrado: Sábado 05 de Junio de 2010, 20:01
Ubicación: Castellón de la Plana

Re: Jozabed

Notapor Vinnie Jones » Domingo 27 de Marzo de 2016, 16:51

prey escribió:Home, se querés comparamos, ala ti. Un e mediapunta e o outro mediocentro. Importa ben pouco onde xogaran, o que realmente importa e onde o fan ben. E coma dicir que Luisinho e interior cando o fan ben de lateral de sempre.

Por certo, eu quedome co segundo sempre, pero si houbera que cambiar home por home, entendo que sería Fajr por Jozabez, nun trivote, algo que non adoita usar Paco.

O que e un bo zasca e falar de Jozabed que e monto mais rápido e mellor que Borges tirando de números dun mediapunta, que cando xoga de mediocentro e unha calamidade. Pero bueno, era unha broma.


Non sei se tiñas gañas de discutir ou de cazarme dalgunha forma, pero bueno, como son dous xogadores que sigo dende hai anos contestarei.

Nin un é mediocentro de forma exclusiva, nin outro mediapunta, as posicións do fútbol non son compartimentos estancos. O exemplo de Luisinho, por exemplo, non significa absolutamente nada. Ten partidos bos de lateral, partidos malos de lateral, partidos bo de extremo, e partidos malos de extremo. O único certo é que ambos se desenvolven polo medio do campo, e ambos xogaron máis ou menos adiantados en función das necesidades dos seus equipos. En Suecia, Borges xogaba case de segundo punta, e con Costa Rica xogaba como centrocampista máis adiantado no trivote, poderiamos incluso definilo como mediapunta. En ambos casos, máis adiantado ca aquí, aínda que Víctor intente aproveitar a súa pegada fomentando as súas subidas puntuais.

Jozabed, pola súa parte, case sempre xogou de mediapunta ata que Jémez comezou a metelo xunto con Trashorras ou Baena. Outras veces, diría que a maioría, xogaban os tres, podemos calificalo como mediapunta, pero non un xogador case de área como LA, que xoga máis adiantado e que vive do seu regate e disparo, senón que moitas veces baixaba a recibir o balón atrás pra conectar co resto de xogadores ofensivos. E si, presionando é bastante anárquico, pero o sistema de xogo de Jémez vive da presión ao rival, e pra un xogador tan novo sempre custa adaptarse. E calificalo de calamidade...pois bueno, pra min é pasarse tres pobos.

Pero si, Jozabed é máis rápido ca Borges, e diría que tamén é millor ca el, non creo que dicir iso sexa un zasca, pero bueno, menos aínda cando o seu rol é bastante semellante. Que si, Jozabed ten un rol un chisco máis ofensivo, pero xusto a posición na que Celso máis se desenvolveu na súa carreira (e onde máis destacou) non se diferenza moito da de Jozabed, de feito diría que un paso importante que debemos dar é situar a Borges máis adiantado para aproveitar a súa capacidade goleadora, inferior á de Jozabed, pero moi aproveitable.

¿Quen sería millor nun dobre pivote? Pois depende moitísimo de quen sexa o seu acompañante. Se xogas con Trashorras ao lado, pois diría que prefiro a Borges, polo menos polo de agora (xa veremos dentro dun par de anos). Se xogas con Baena ao lado, elixo a Jozabed sen dubidar. E se teño que escoller a calquera dos dous sen coñecer ao seu acompañante, o sevillano gañaría por moito.
Vinnie Jones

· Thievysta ·

Avatar de Usuario
 
Mensajes: 7251
Registrado: Domingo 02 de Junio de 2013, 13:03
Ubicación: Non hai Depor sen Arsenio, nin Arsenio sen Deportivo.

Re: Jozabed

Notapor prey » Domingo 27 de Marzo de 2016, 20:28

Xa me destripaches todo. Vai rascala.

O que intento dicir e que Borges, coma mediocentro de dobre pivote e moito mais consistente que Jozabed. Moitisimo. A nivel xeral, non sei quen sería mellor xogador, posiblemente o do Raio polos números, pero pensó que se hai que comparalos, e facer trampa dicir que Jozabed xoga tamen de mediocentro e ten eses números. Non, Jozabed ten eses números cando xoga mais adiantado do dobre pivote, porque cando xoga no dobre pivote, convirteo nunca coladera.

Si, e mais lento Borges, ten mais gol e mais chegada Jozabed. Correcto, pero non se pode pasar por alto o que pasa no dobre pivote do Raio cando xoga Jozabed. Igualiño que cando xoga o rapaz do Betis ou o do Granada. Cando se xogan os partidos importantes, poñenos por detras do dobre pivote porque son unha autoestrada no medio.

A min dame un medio competitivo e se non fai goles, non pasa nada.

E se o querés comparar con L.Alberto, que tamen son distintos, o noso e moito mais dianteiro e sabe moverse mellor arriba, cunha boa cuota de gol E DE ASISTENCIAS. Eu prefiero o noso L.Alberto por un poquillo, pero o sigo preferido porque apoia moito mais o dianteiro, menores que Jozabed apoia os medios.

Son opiniones e gustos, eu so quería recordar que fas trampas se comparas a Borges con el, collendo o millor de un e o pior do outro sen facer unha comparación xeral.
prey

· alineator ·

Avatar de Usuario
 
Mensajes: 10997
Registrado: Sábado 05 de Junio de 2010, 20:01
Ubicación: Castellón de la Plana

Re: Jozabed

Notapor Vinnie Jones » Lunes 28 de Marzo de 2016, 20:55

Bueno, tampouco falaría de trampas... esa mensaxe escribina dende o móvil nun semáforo coruñés particularmente longo, e so destacaba as principais características da miña elección, non sempre se ten tempo pra todo :lol:

Por certo, Jozabed pode que agora non sexa demasiado consistente no dobre pivote, pero o será en pouco tempo, diso estou segurísimo.
Vinnie Jones

· Thievysta ·

Avatar de Usuario
 
Mensajes: 7251
Registrado: Domingo 02 de Junio de 2013, 13:03
Ubicación: Non hai Depor sen Arsenio, nin Arsenio sen Deportivo.

Anterior

Volver a Ojeadores y seguimiento de cedidos

¿Quién está conectado?

Usuarios navegando por este Foro: Google Adsense [Bot] y 1 invitado